Cubertas as 120 prazas do Verán máis alá
07-06-2017
Cubertas as 120 prazas do Verán máis alá
O Departamento de Cultura infórmanos que na mañá do 7 de xuño cubríronse as 120 prazas do Verán máis alá. As solicitudes que se entreguen esgotadas as prazas pasarán a unha lista de agarda. Deste xeito, o horario de atención ao público será até as 14.30 h en lugar do horario ininterrompido anunciado previamente.
O luns 12 de xuño publicarase neste web a listaxe dos/as participantes e as familias dos nenos/as inscritos poderán realizarar o ingreso bancario do que deberán entregar xustificante no Departamento de Cultura e Deportes antes das 14:00 h do venres 16 de xuño, coa fotocopia da tarxeta sanitaria e un xustificante médico, no suposto que o neno/a precise dun tratamento específico, amais dunha fotografía tamaño carné co nome do/a neno/a escrito pola parte de atrás.
O custe da actividade (todo o mes) ascende a 68,15 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e a 36,70 € a partir do segundo membro da unidade familiar. No caso de apuntar ao/á pequeno/a durante unha quincena nada máis, o custe será de 34,08 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e de 18,35 € a partir do segundo membro da unidade familiar.
Para as familias en situación de escasa capacidade económica, as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo poderán acceder gratuitamente á actividade nos termos sinalados no artigo 4. da Ordenanza fiscal núm. 2 .
MÁIS INFORMACIÓN
No Departamento de Cultura do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita, 15500 Fene) Teléf.: 981 340 366. Correo electrónico: cultura.deportes@fene.gal