Marcha Ciclista Popular “Concello de Fene”

Ao remate da actividade sortearase unha bicicleta e material deportivo

Marcha Ciclista Popular “Concello de Fene”

Marcha Ciclista Popular “Concello de Fene”

A Concellería de Deportes de Fene organiza para este domingo 11 de xuño unha nova Marcha Ciclista Popular, actividade familiar non competitiva coa que se pretende fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables. A proba comezará ás 11.00 horas na Praza do Alcalde Ramón Souto González (Praza do Concello) e terá unha duración aproximada de dúas horas.  As inscricións para participar na marcha realizaranse o mesmo día no Salón  de Plenos da Casa do  Concello, de 9:30 a 10:45 horas.

Un ano máis, a Marcha Ciclista Popular do Concello de Fene contará con dous itinerarios: o primeiro, cunha distancia aproximada de 7 km, e o percorrido total, cunha distancia aproximada de 15 km.

O itinerario da marcha será o seguinte:

1ª PARTE: PERCORRIDO PEQUENO (7 Km. aprox. )

Saída da Praza do Alcalde Ramón Souto González (Praza do Concello) cara a Avda. Naturais
Avda. Naturais cara á Avda. das Pías
Avda. das Pías dereita cara a San Valentín
En San Valentín Rúa do bloque 3
Avda. da Cooperación
Avda. do Mar
Tellerías  
O Cruceiro
Hortelá ata chegar ao cruce da Xunqueira  
Marqués de Figueroa (REAGRUPAMENTO)
Rúa da Fraga
Avda. Concello de Fene

2ª PARTE: PERCORRIDO DOS MAIORES:

A primeira parte do percorrido dos maiores coincidirá co itinerario pequeno. A partir de aí, os ciclistas que queiran continuar a marcha, realizarán o seguinte percorrido:

Avda. Naturais de Fene ata o cruce de Fene
Avda. Marqués de Figueroa cara a Barallobre
Estrada da Palma ata a baixada a Ribeiroa, Barallobre
Paseo Peirao
Reagrupamento na zona verde do Peirao,  Barallobre
Subida pola Estrado do Peirao ata o cruce da  Estrada da Palma  
O Piqueiro, xiro a esquerda cara ao Concello
Estrada da Palma
Avda. Marqués de Figueroa
A Fraga
Praza do Alcalde Ramón Souto González (Praza do Concello)

Segundo informan dende a Concellería de Deportes, para participar na Marcha Ciclista Popular será obrigatorio o uso de casco. Ademais, ao remate da proba, realizarase un sorteo dunha bicicleta e material deportivo entre todas as persoas participantes.