A mocidade activa contra o acoso escolar
09-06-2017
A mocidade activa contra o acoso escolar
O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, no que se enmarcan o programa de MOCIDADE ACTIVA, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Neste programa participa un grupo de rapaces /as, escolarizados en 3º e 4º de ESO dos tres concellos.
A rapazada de Mocidade Activa reflexionou e sensibilizouse sobre o acoso ou bullying por medio de actividades e creando espazos de experimentación, de libre expresión e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión. Retomando clásicos como a Radio e os Experimentos a pé de rúa. Mesturando o vello co novo, sen esquecernos de lanzar temáticas que provocan aprendizaxes a través dos obradoiros Vloggers intrépidos e Radio Xove
A partir da temática elixida adicaron os meses de marzo ata maio para debatir sobre o tema, utilizando o material recollido, a opinión de personas expertas, familias e poboación en xeral.
No programa colabora Radio Fene. As gravacións dos programas poderánse escoitar nas seguintes ligazóns: páxina web www.radiofusion.eu , na FM 107.7 FM e no móbil a través de tunein.
Emitiranse as 12 da mañá os sábados 10,17 e 24 de xuño.
Cada sábado iráse subindo asimesmo á web de radiofusión, dende onde quedarán para descargar con posterioridade.