Alimentación saudábel
09-06-2017
Alimentación saudábel
Os obxectivos destes obradoiros, enmarcados no Plan de Prevención de drogodependencias e promoción da saúde e o Plan da Prevención da obesidade infantil (XERMOLA), son formar e concienciar ás familias sobre a importancia de adoptar hábitos de alimentación saudable e fomentar a participación activa das familias na confección dun menú familiar equilibrado.
Realízanse dúas sesións nas que se abordan os seguintes contidos:
Sesión 1: Nutrición básica e alimentación saudable
Hábitos alimentarios saudables
Como elaborar un menú equilibrado: Deseñar menús semanais para a familia asegurando unha dieta equilibrada e saudable.
Sesión 2: Etiquetado de alimentos
A información nutricional. Sabes distinguir que alimentos son máis saudables?
Listas de ingredientes, datas de consumo.... Entendemos ben toda a información das etiquetas?
Productos “ light”, 0% “ sin azúcares engadidos”.... Revisamos diferentes alimentos do mercado.
A coordinación dos obradoiros é realizada pola pedagoga e técnica en prevención de drogodependencias municipal e están dirixidos por persoal especializado da empresa B6 Consultores.