Exposición de fotografía surrealista e conceptual na Casa da Cultura de Fene
09-06-2017
Exposición de fotografía surrealista e conceptual na Casa da Cultura de Fene
“Dios ha muerto. Sólo nos queda el humor”. É o título da nova exposición que se amosará dende o vindeiro luns na Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22). A mostra, do fotógrafo e escultor coruñés Javier Sanz Gómez, poderá visitarse do 12 de xuño ao 7 de xullo na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura fenesa.
Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. A partir do 23 de xuño, o horario da sala será de luns a venres, de 10 a 14,15 horas. Tamén abrirá ao público os luns, mércores e venres, de 17 a 21 horas.
Javier Sanz Gómez (A Coruña, 1968). Fotógrafo, escultor e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Alcalá de Henares (Madrid). Realizou numerosas exposicións, tanto en España coma no extranxeiro.
Publicou os libros de fotografía La memoria del espejo (2003), visión intimista e artística da fotografía de natureza, e La soledad le escribe cartas al olvido (2011), libro de fotografías surrealistas.
Como escritor, no ano 2004 publica El viento no tiene guión, co que inicia a colección de libros de metáforas, aforismos, greguerías e prosa poética. Posteriormente, tamén publicou Rojo afilado (2006), Las islas navegan (2008) e Jugando al ajedrez sobre una piel de cebra (2009).
Aínda que a súa formación académica non tivo nada que ver coa arte senón coa xurisprudencia, sempre se sentiu atraído polo mundo artístico, atracción herdada do seu avó pintor e da súa nai crítica de arte. Ao final, a arte puido máis que o Dereito, a paixón puido máis que a razón...e comezou a súa carreira artística.
Comezou facendo fotografías de natureza, “máis dende un punto de vista artístico e estético que documental. Non lle importaba se o que estaba fotografando era un alcatraz ou un flamenco, senón a carga poética da imaxe. Fotografaba a natureza dun modo intimista”.
A fotografía de natureza serviulle de aprendizaxe e o axudou a desenvolver dúas calidades imprescindibles para todo fotógrafo: visión persoal e capacidade de síntese.
Introduciuse no mundo da fotografía surrealista, en parte pola súa vocación literaria e, en parte, por azar.
A prosa poética que emprega ao escribir os seus libros fixo que se acostumara ao pensamento metafórico e paradoxo. “Un día, ao entrar na súa casa pensando no xadrez e atoparse sobre a pel de cebra que ten no hall pensou: "E se colocase unhas pezas de xadrez sobre a pel de cebra, coma se as casillas do taboleiro de xadrez se derretiran..." Esta imaxe surrealista foi o comezo da súa transición cara a fotografía de concepto, realizada en estudio. Finalmente, esta fotografía conceptual foi a que derivou en composicións conceptuais.