Listado de admitidos/as no verán máis alá
12-06-2017
As familias dos nenos/as inscritos realizarán o ingreso bancario do que deberán entregar xustificante no Departamento de Cultura e Deportes antes das 14:00 h do venres 16 de xuño, coa fotocopia da tarxeta sanitaria e un xustificante médico, no suposto que o neno/a precise dun tratamento específico, amais dunha fotografía tamaño carné co nome do/a neno/a escrito pola parte de atrás.
IMPORTANTE:
· Facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.
· Os ingresos teñen que ser diferentes e individualizas por cada participante mesmo no caso que sexan irmáns. Os ingresos hai que facelos SEMPRE a nome do participante.
O custe da actividade (todo o mes) ascende a 68,15 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e a 36,70 € a partir do segundo membro da unidade familiar. No caso de apuntar ao/á pequeno/a durante unha quincena nada máis, o custe será de 34,08 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e de 18,35 € a partir do segundo membro da unidade familiar.
Para as familias en situación de escasa capacidade económica, as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo poderán acceder gratuitamente á actividade nos termos sinalados no artigo 4. da Ordenanza fiscal núm. 2
MÁIS INFORMACIÓN
No Departamento de Cultura do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita, 15500 Fene) Teléf.: 981 340 366. Correo electrónico: cultura.deportes@fene.gal