Fene estreará a súa programación deportiva estival co tradicional Día do Deporte na Rúa
O vindeiro luns abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas de verán
As inscricións no Departamento de Deportes de 08.30 a 14.00 h
15-06-2017
Atletismo, fútbol sala, ximnasia artística e trampolín, kayak, tenis e ximnasia de verán. Son algunhas das actividades que o Concello de Fene anuncia para as vindeiras semanas, no marco da súa programación deportiva de verán 2017. As actividades desenvolveranse en distintas instalacións municipais, sociedades e espazos naturais do Concello de Fene durante os meses de xullo e agosto. As persoas que queiran anotarse nos campus deportivos e cursiños de verán municipais poderán facelo a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene. Horario: de 8.30 a 14.00 horas.
Un ano máis, os veciños/as de Fene e comarca poderán desfrutar dun sinfín de actividades deportivas ao aire libre durante a celebración do Día do Deporte na Rúa que terá lugar o domingo 2 de xullo na avenida do Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Ceip Centieiras, colexio Jorge Juan e Círculo de Perlío. Comezará ás 10.30 horas e durante tres horas e media (até as 14.00 horas), todas as persoas que o desexen poderán participar en calquera das actividades propostas: rugbi, jugger, fútbol, slakline, zumba, inchables, circuito de karts a pedal, patinaxe, deportes de raqueta, pintadas, “decora a túa camiseta”, atletismo divertido, tiro con arco, etc. Ademais, por participar nun mínimo de 3 actividades, os/as participantes recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada.
O Día do Deporte na Rúa, que chega este ano á súa 25ª edición no Concello de Fene, mestura deporte e lecer co obxectivo de animar á veciñanza a desfrutar do deporte en familia. Colaboran co Concello de Fene nesta actividade: o colexio Jorge Juan, o CCRD de Perlío e Amigos da Chave de Ferrolterra.
CAMPUS DEPORTIVOS
A Concellería de Deportes de Fene organiza para este verán catro campus deportivos: o II Campus de Atletismo Divertido, o IV Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi”-Concello de Fene, o campamento lúdico-deportivo e o IV campus de ximnasia artística e trampolín.
II CAMPUS DE ATLETISMO DIVERTIDO
Datas: do 3 ao 7 de xullo, de luns a venres
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Lugar: Pavillón Polideportivo da Xunqueira e arredores
Destinatarios/as: nenos e nenas maiores de 7 anos
Actividades: atletismo divertido, xogos colectivos, xogos e exercicios de coordinación, práctica divertida das modalidades do atletismo carreiras, saltos, lanzamentos,
Inscrición: do 19 ao 29 de xuño, de 8.30 a 14.00 h no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 340 366 / 607 615 962
Cota: 15,70 € (a partir do 2º membro da unidade familiar residentes en Fene: 12,56 €)
Prazas: 20 (no caso de non reunir o mínimo necesario de participantes -10- esta actividade poderá suspenderse)
IV CAMPUS FEMININO DE FÚTBOL SALA MARIA VIEIRA “MAVI” – CONCELLO DE FENE
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de luns a venres
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Lugar: Pavillón Polideportivo da Xunqueira e arredores
Destinatarios/as: nenas e rapazas maiores de 5 anos
Actividades: xogos e actividades multideporte (volei, futenis, bádminton, rugby, balonmán, baloncesto…), exercizos de técnica de fútbol sala, actividades ao aire libre nos arredores do pavillón, campo de fútbol e praias do Concello, minipartidos e competicións, visitas de xogadoras de selección galega e da selección española de fútbol sala feminino, festa de clausura o 21 de xullo.
Inscrición: do 19 de xuño ao 5 de xullo, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 340 366 / 607 615 962
Cota: 28,20 €. (a partir do 2º membro da unidade familiar residentes en Fene: 22,56 €)
Nº de prazas: 25 (no caso de non reunir o mínimo necesario de participantes -12- esta actividade poderá suspenderse)
CAMPAMENTO LÚDICO DEPORTIVO
Datas: do 31 de xullo ao 11 de agosto de 2017, de luns a venres
Horario: de 10:30 a 14:00 h
Lugar: CMI Unidade de Fene
Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 12 anos
Actividades: xogos de pistas, gymkanas en exteriores, actividades acuáticas e xogos na piscina (sempre que a climatoloxía o permita), obradoiros e actividades creativas, multideporte, xogos populares, concursos, velada nocturna o último día do campamento (esta velada inclúe a cea do xoves e o almorzo do venres)
Inscrición: do 19 de xuño ao 26 de xullo, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 340 366 / 607 615 962
Cota: 28,20 € (a partir do 2º membro da unidade familiar residentes en Fene: 22,56 €)
Número de prazas: 30
Colabora: CMI Unidade de Fene
IV CAMPUS DE XIMNASIA ARTÍSTICA e TRAMPOLÍN
Datas: do 21 ao 25 de agosto, de luns a venres
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Lugar: Pavillón Polideportivo da Xunqueira e arredores
Destinatarios/as: nenos e nenas maiores de 4 anos
Actividades: xogos colectivos dirixidos, xogos e exercicios de coordinación, control corporal, axilidade e equilibrio, iniciación á ximnasia artística, coñecemento dos catro aparatos e elementos básicos, iniciación ao trampolín, expresión corporal, obradoiros de manualidades e pintura, clausura con exhibición o último día do Campus
Inscrición: do 19 de xuño ao 16 de agosto, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 34 03 66 / 607 615 962. Máis Información: Responsables da Escola de Ximnasia Ferrolterra: 659 353 187 / 699 422 414
Cota: 15,70 € (a partir do 2º membro da unidade familiar residentes en Fene: 12,56 €)
Nº de prazas: 40 (no caso de non reunir o mínimo necesario de participantes -12- esta actividade poderá suspenderse)
CURSIÑOS DEPORTIVOS
CURSO DE KAYAK
Datas: co 4 de xullo ao 17 de agosto
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Lugar: praia de Almieiras (Limodre)
Destinatarios: maiores de 8 anos que saiban nadar
1ª quenda: luns e mércores
2ª quenda: martes e xoves
Inscricións: do 19 ao 29 de xuño, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 340 366 / 607 615 962
Cota: 23,25 € (a partir do 2º membro da unidade familiar residentes en Fene : 18,6 €)
Número de prazas: 40 (20 por quenda)
Colabora: Mesón O Emigrante
CURSO DE TENIS
Datas: do 5 de xullo ao 18 de agosto (clases os luns, mércores e venres)
Horarios / quendas :
10:30 a 11:30: maiores de 8 anos
11:30 a 12:30: nenos/as de 4 a 8 anos
12:30 a 13:30: maiores de 8 anos
Lugar: pistas de tenis do CCRD Perlio. No caso de choiva, as clases realizaranse no pavillón do colexio Jorge Juan
Destinatarios/as: a partir de 4 anos
Inscricións: do 19 ao 30 de xuño, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene. Telefono: 607 615 962 / 981 340 366
Cota: 23´25 € (a partir do 2º membro da unidade familiar residentes en Fene: 18,6 €)
Número de prazas: 16 prazas en cada quenda (48 en total)
Colaboran: CCRD Perlío e colexio Jorge Juan
XIMNASIA DE VERÁN AO AIRE LIBRE
Datas: do 1 ao 31 de agosto (luns, mércores e venres laborables)
Horarios: de 9:30 a 10:30 horas
Lugar: paseo marítimo de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira. No caso de choiva as clases trasladaranse ao interior do Pavillón da Xunqueira
Destinatarios/as: todas as idades
Actividade física de grupo moderada e dirixida para para manter ou mellorar a condición física xeral en relación coa saúde, coordinación motriz, flexibilidade, resistencia aeróbica, forza e resistencia muscular, axilidade, … e todo isto, pasando un rato agradable cos demais.
Participación libre e gratuíta.