Exhibición e festa acuática na despedida das actividades deportivas municipais

Exhibición e festa acuática na despedida das actividades deportivas municipais

A Concellería de Deportes organiza para este venres, 16 de xuño, a exhibición das escolas deportivas municipais. A actividade comezará ás 17.00 horas no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) e incluirá  demostracións das habilidades adquiridas ao longo do presente curso polo alumnado de baile, ximnasia rítmica, ximnasia artística, iudo, kárate, patinaxe, baloncesto, fútbol sala…

Unha vez rematadas as exhibicións, entregaranse os diplomas a todos/as os/as participantes.  

E o sábado 17 de xuño, a piscina municipal de Centieiras acolle, de 10.30 a 13.30 horas, a clausura das Escolas Municipais de Piscina. A Concellería de Deportes anuncia para ese día unha festa  na que poderán participar, en diferentes quendas, todos/as os/as alumnos/as das devanditas escolas.


De 10.30 a 11.30 horas será a festa acuática para os/as alumnos/as de Escola de bebés. A continuación, de 11.30 a 12.30 horas, desenvolverase a festa acuática de Escola de 1ª Infancia. E xa por último, a partir das 12:30, será a exhibición e a festa acuática das Escolas de Iniciación e Perfeccionamento Infantil e Xuvenil.


Tamén se anuncia, dende a Concellería de Deportes, que no devir desta xornada de clausura das Escolas Municipais de Piscina entregaranse  os diplomas a todos os alumnos/as do curso 2016-2017.