Construíndo divesidade

Construíndo divesidade

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade invita a TODA a cidadanía de Fene, entidades, empresas, centros escolares, tendas, bares, clubes deportivos, veciños e veciñas... a participar na Campaña "Construíndo Diversidade", patrocinada pola Deputación Provincial de A Coruña e da que o Concello de Fene forma parte xunto con outros 30 concellos da provincia.

Para elo pon a disposición das persoas que queiran colaborar CARTACES, CHAPAS, BOLSAS E FOLLETOS INFORMATIVOS da Campaña " Construíndo Diversidade" que poderán pasar a recoller de balde a partir do vindeiro luns 26 de xullo polo Centro Municipal de Servizos Sociais en horario de 8:00h a 15:00 h.

Animamos tamen a aquelas persoas que prefiran sumarse á campaña pola súa conta e botar man da súa imaxinación e creatividade, a utilizar os materiais que queiran, bandeiras, panos, cartaces, slógans...

Marcámonos como obxectivo chear dos cores do arco da vella o concello de Fene entre os días 26 e 28 de xuño, coincidindo este último co "Día Internacional do Orgullo LGTBQI".


Pola dignidade e o dereito de todas as persoas, nas súas vidas, nos seus corpos e, por suposto, tamén nas súas sexualidades.

Anímate e participa!!

Máis Información no Centro Municipal de Servizos Sociais
Av do Mar, Bloque 1-Baixo, San Valentín
Telfs.: 981342607 - 981792706

Vídeos