Deporte en familia na XXV edición do Día do Deporte na Rúa

Deporte en familia na XXV edición do Día do Deporte na Rúa

A xornada, que incluirá múltiples actividades deportivas e de lecer para todos os públicos, desenvolverase de 10.30 a 14.00 horas na avenida do Tarrío, rúa San Salvador, pista polideportiva municipal de Perlío e pista do colexio Jorge Juan. No caso de choiva, trasladaríase ao interior do pavillón A Xunqueira de San Valentín.


Baloncesto, baloncesto en cadeira de rodas, rugby, fútbol, fútbol inchable, fútbol electrónico, slackline, actividades de loita (esgrima de foam por equipos), jugger (xogo de pelota e loita con armas simuladas), espazo artístico (pintadas, decora a túa camiseta), patinaxe en liña e acrobático, deportes de raqueta (tenis de mesa, bádminton, indiaka, shuttleball), circuito de karts a pedal, zumba e xogos musicais galegos (pingacho, carioca,…). Son algunhas das propostas que o Concello de Fene anuncia para este domingo, no marco do XXV Día do Deporte na Rúa.


Tamén haberá nesta edición espazos para a ximnasia artística, inchables, chave, obradoiro de chapas, voleibol xigante, obradoiro de circo, tiro con arco, atletismo divertido, xogos tradicionais galegos, obradoiro de enredos e xoguetes, xogos infantís (de construción xigantes, bloques, jengas, emparellados, puzle xigante), obradoiro de nutrición e bebidas refrescantes, obradoiro de valoración funcional, etc.

Coma todos os anos, as persoas que participen en tres actividades, poderán coller a súa camiseta, até esgotar existencias (repartiranse 1100 camisetas)

Colabora: CCRD de Perlío, Colexio CPR Jorge Juan Perlío, Amigos da Chave de Ferrolterra.