Clausura de Mocidade Activa

Clausura de Mocidade Activa

Este proxecto desenvolvido polo concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda, tiña por obxectivo a prevención de drogodependencias e condutas aditivas; así como, a reflexión sobre fenómenos actuais e de interese para o colectivo de mozos e mozas, como foi o acoso escolar. Neste programa participou un grupo de rapaces /as, escolarizados en 3º e 4º de ESO  dos tres concellos.


A rapazada de Mocidade Activa tivo a oportunidade de reflexionar e tomar conciencia sobre temas como o “bullying” ou o consumo de sustancias aditivas, a través de actividades dinámicas nas que se mesturaba a experimentación, a libre expresión e a creatividade, empregando para iso, medios de comunicación como a radio ou as plataformas dixitais.  Mesturando o vello co novo, sen esquecernos de lanzar temáticas que provocan aprendizaxes a través dos obradoiros:

  • Vloggers intrépidos
  • Radio Xove, programa no que colabora Radio Fene.

Os proxectos realizados como resultado final destes obradoiros, serán expostos na clausura que se realizará na Casa da Cultura de Fene, o venres 30 de Xuño, de 18:00 a 19:00.

Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal