Certame de habaneiras e canto coral
12-07-2017
O festival comezará este mércores ás 20.30 horas na Praza do alcalde Ramón Souto González. Tamén contará coa participación das corais polifónicas do CPS de San Valentín, da ACDR O Pote de Maniños, da SCRD Agarimo de Sillobre e da coral Eterna Xuventude do Centro Social de Fene. Xunto coas rondallas Perla do Río, do CCRD de Perlío, e Estrelecer, do CMI Unidade de Fene.
A habaneira é un xénero músical que goza de grande tradición na nosa historia, sobre todo pola súa orixe, vencellada ao mundo da emigración. Precisamente, aproveitando a recente conmemoración do Centenario das escolas de instrucción dos Naturales de Fene, o Concello de Fene decidiu adicar este ano a súa programación do Día da Patria Galega ao mundo da emigración. Así, entre as actividades programadas para os vindeiros días, salientan: o Certame de habaneiras e canto coral do mércores , a actuación do Trío Sibonei o xoves (arrufando a Festa da Veciñanza), e o concerto de Roi Casal (“Son galego. Son Cubano”) do sábado.