Ximnasia de Verán
31-07-2017
Escola de actividade física e mantemento en xeral, dirixida a tódalas idades, para gozar do deporte ao aire libre.
Desenvolvese até o 31 de agosto, na parte traseira do Pavillón Municial de "A Xunqueira", os luns, mércores e venres laborábeis, en horario de 09.30 a 10.30 horas.
Non se precisa inscrición previa, abonda con asistir ás clases no horario establecido; así como tamén, non se interrompe co mal tempo xa que se chove desenvólvese no interior do Pavillón.