A Casa da Cultura acolle a exposición do pintor Antonio Quintía
26-07-2017
Tralo paso por Fene da exposición do X Premio de Banda Deseñada “Castelao”, este venres abre ao público na Casa da Cultura a exposición de pintura ao óleo “La vida en imágenes”, de Antonio Quintía. A mostra amosarase na sala de exposición temporais do centro cultural fenés dende o venres 28 de xullo ao xoves 31 de agosto.
Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas, e os luns, mércores e venres, de 17.00 a 21.00 horas.
Antonio Quintía comezou no mundo da pintura da man da profesora de arte Begoña Gorostidi. Na actualidade é membro da Asociación Artística Mesturas.
Realizou exposicións individuais no Centro Comercial de Narón, no “Recrearte” de Cerdido, en Dolce Vita Odeón, na Casa de la Cultura de San Sadurniño, no Concello de Cerdido, no Pazo da Cultura de Narón, no Restaurante O Parrulo, Mesón Os Tres Pes en Castro, Concello de Ares, Centro Sociocomunitario de Fene, Casino Ferrolano, Biblioteca de Narón, Hotel Herbeira de Cedeira, Casa da Cultura de Valdoviño, Parrillada O Mercado, etc.
Tamén participou en diferentes exposición colectivas: no Auditorio de Vilalba, con Mesturas, Casa das Palmeras de Neda, con Narart, Museo da Policía de Narón, Pazo da Cultura de Narón, con Narart, nos locais sociais de San Xiao e Piñeiros, etc.