Aprobación do III Plan de Igualdade de Oportunidades para Mulleres e Homes do Concello de Fene 2017-2020
08-08-2017
Na sesión ordinaria do Pleno Municipal celebrada o pasado 6 de xullo de 2017, aprobóuse por unanimidade de todos os grupos políticos, o III Plan de Igualdade de Oportunidades para Mulleres e Homes do Concello de Fene (III PIOMH).
No documento inclúense medidas a levar a cabo por parte do goberno municipal en diferentes liñas de actuación, todas elas encamiñadas á consecución dunha igualdade efectiva e real entre mulleres e homes no municipio y á erradicación da violencia machista, expresión última das desigualdades por razón de xénero.
Para elaborar este III PIOMH partimos da diagnose e da avaliación do Plan anterior, revisando as medidas que se levaron a cabo, as que quedaban pendentes e as necesidades e realidades detectadas na actualidade no noso municipio. A colaboración de determinados axentes sociais de Fene foi moi importante á hora de establecer as liñas de traballo, consensuar as áreas de actuación e unha batería de medidas en cada unha delas.
Estás cinco áreas principais son:
- FENE EN IGUALDADE: Abrangue a planificación municipal, a implicación política e técnica e a veciñanza cara a consecución dunha sociedade máis igualitaria.
- COEDUCANDO: Coordinación cos centros educativos para traballar conxuntamente na educación en igualdade dende a idade infantil até a xuvenil.
- EMPREGO, COEDUCACIÓN E USOS DO TEMPO: Fomento da igualdade a través da formación, do emprego e da conciliación familiar, laboral e persoal.
- SOCIEDADE PARTICIPATIVA E CORRESPONSABLE: Sensibilización e implicación da sociedade fenesa e empoderamento social das mulleres.
- VIOLENCIA DE XÉNERO: Sensibilización á cidadanía, prevención e eliminación da violencia machista.
A última parte do III PIOMH a conforma unha pequena guía de NORMAS E USOS DUNHA LINGUAXE INTEGRADORA E NON SEXISTA para que poda ser consultada pola cidadanía ao obxecto de poñer en práctica o uso dunha linguaxe na que toda a cidadanía nos vexamos incluída e reflectida.
A consecución da igualdade entre homes e mulleres e a erradicación da violencia machista é tarefa de todas e de todos, e ese é tamén o compromiso do Concello de Fene.
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade agradece a colaboración da cidadanía, das entidades e asociacións, dos centros escolares, dos grupos políticos e das diferentes áreas e departamentos municipais que fixeron posible á elaboración do III PIOMH grazas á súa colaboración no proxecto.