Aberto o prazo de inscrición para participar na 5ª edición da Carreira Solidaria da Muller A Coruña – 17 setembro 2017

Aberto o prazo de inscrición para participar na 5ª edición da Carreira Solidaria da Muller A Coruña – 17 setembro 2017

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade colabora por 4º ano consecutivo coa Asociación Por + Vida na organización, difusión e traslado de participantes á 5ª Edición da Carreira Solidaria da Muller de A Coruña.

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo de Atención á Muller do Centro Municipal de Servizos Sociais, infórmase da 5ª Edición da Carreira Solidaria da Muller que terá lugar en A Coruña o vindeiro 17 de setembro de 2017, evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Fene colabora coa Asociación Por+Vida patrocinando dous autocares, asumindo o custe da publicidade e colaborando na recollida de inscricións e organización previa ao evento.

Información da actividade

  • Poden participar mulleres a partir de 12 anos de idade.
  • Os buses serán gratuítos para as participantes, até completar prazas, segundo rigoroso orde de inscrición. Terán preferencia as mulleres empadroadas en Fene e as socias de Por+Vida, aínda que se quedan prazas libres poderán ser cubertas con veciñas doutros municipios.
  • O prazo para anotarse remata o 1 de setembro de 2017.
  • Prezo inscripción (para recollida e material da carreira: camiseta, dorsal,...): 13,00 €. (Aboaráse á Asociación Por+Vida ).
  • Para máis información:
  • Pódese entregar a ficha de inscrición cuberta persoalmente ou por email á entidade ou no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene - Av do Mar Bloque 1-Baixo en San Valentín.
  • A entrega da equipación para a carreira será o sábado 16 de setembro de 11:00h a 13:00h no Salón de Plenos do Concello de Fene.
  • A saída dos autocares será o domingo 17 ás 8.30 h dende a casa do Concello de Fene e a volta de A Coruña: ás 14.00 h. 
Descargas
Ligazóns