Ana María Agulló expón na Casa da Cutura de Fene
05-09-2017
A artista eumesa Ana María Agulló amosa a súa obra até o vindeiro 29 de setembro na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene. A mostra inclúe unha colección de óleos entre os que se inclúen mariñas, bodegóns e retratos.
O horario de visitas será, durante esta primeira semana setembro (até o venres), de 10.00 a 14.15 horas, e o mércores e o venres, tamén de 17.00 a 21.00 horas. A partir do vindeiro luns 11 de setembro o horario da Casa da Cultura será de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
Natural de Pontedeume (aínda que afincada dende hai moitos anos en Ferrol), Ana María Agulló iniciouse no mundo das artes hai aproximadamente 17 anos. Fíxoo da man do profesor José Montero. Para ela a pintura foi ao comezo unha terapia e unha forma de entretemento aínda que logo se converteu na súa auténtica paixón.