O pintor Antonio Quintía doa un cadro ao Concello de Fene
12-09-2017
Trátase dun dos óleos que formou parte da exposición “La vida en imágenes” que o pintor ferrolán amosou na Casa da Cultura de Fene ao longo do mes de agosto. A obra, entregada onte ao alcalde de Fene, Juventino Trigo, e ao concelleiro de Cultura, Justo Martínez, pasará a formar parte dos fondos do Concello de Fene e poderá exhibirse nas súas dependencias, en mostras itinerantes ou publicacións desta Administración local.
Antonio Quintía comezou no mundo da pintura da man da profesora de arte Begoña Gorostidi. Na actualidade é membro da Asociación Artística Mesturas.
Realizou exposicións individuais no Centro Comercial de Narón, no “Recrearte” de Cerdido, en Dolce Vita Odeón, na Casa de la Cultura de San Sadurniño, no Concello de Cerdido, no Pazo da Cultura de Narón, no Restaurante O Parrulo, Mesón Os Tres Pes en Castro, Concello de Ares, Centro Sociocomunitario de Fene, Casino Ferrolano, Biblioteca de Narón, Hotel Herbeira de Cedeira, Casa da Cultura de Valdoviño, Parrillada O Mercado, etc.
Tamén participou en diferentes exposición colectivas: no Auditorio de Vilalba, con Mesturas, Casa das Palmeras de Neda, con Narart, Museo da Policía de Narón, Pazo da Cultura de Narón, con Narart, nos locais sociais de San Xiao e Piñeiros, etc.