Solicitude horarios adestramento para os Pavillóns do Ramo e a Xunqueira
13-09-2017
O prazo de solicitude dos horarios de adestramentos para equipos non federados do Concello, federados doutros Concellos, asociacións deportivas e particulares será do 14 ao 26 de setembro.
As solicitudes deberán de presentarse no rexistro xeral de luns a a venres en horario de 08.30 a 14.00 ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
O horario definitivo da Tempada coa concesión de horas poderá consultarse a partir do 28 de setembro nos seguinte lugares:
No taboleiro de anuncios do pavillón polideportivo da Xunqueira, en San Valentín.
No teléfono do pavillón polideportivo da Xunqueira: 981 492 804, de luns a venres:
o En horario de mañá: de 9:00 a 14:00 horas
o En horario de tarde: de 18:00 a 23:00 horas.
No taboleiro de anuncios do Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán).
No teléfono do Departamento de Cultura e Deportes: 981 34 03 66, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas.
Na páxina web do Concello de Fene: www.fene.gal
Descargas
- Solicitude horario adestramento pavillons municipais
- Horarios de adestramento Tempada 17/18 nos Pavillóns municipais, equipos federados
- Horarios completos adestramento tempada 17/18. Equipos federados, non federados, particulares
- Horario pavillóns tempada 17-18 equipos federados e particulares. Publicado 29/09/2017