Éxito da convocatoria para a participación na V edición da Carreira Solidaria da Muller
15-09-2017
Carreira Muller 2015
Dende a Área de Igualdade municipal contratáronse dous autobuses para o traslado das participantes, cubríndose as prazas poucos días despois de abrir o prazo de inscrición.
O Concello de Fene, a través do Servizo de Atención á Muller do Centro Municipal de Servizos Sociais colabora por 4º ano consecutivo coa Asociación Por + Vida na organización, difusión e traslado de participantes á 5ª Edición da Carreira Solidaria da Muller de A Coruña, evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.
Persoal municipal e da asociación desprazaránse mañán venres até o Palacio de Congresos de A Coruña para recoller os dorsais e o material da carreira das 173 participantes. Para elo, o Concello pon a disposición un vehículo municipal.
A equipación para a carreira quedará nas instalaciones do Concello até o sábado 16, día no que as participantes poderán pasar a retirarlo en horario de 11:00 h. a 13:00 h.
A saída dos autocares será o domingo 17 ás 8.30 h dende a praza do Concello e a volta de A Coruña ás 14.00 h., con chegada prevista a Fene sobre as 15:00 h.
Desexamos que un ano máis, as participantes volvan a deixar á Asociación Por Máis Vida e ao Concello de Fene nunha boa posición e acaden bos resultados, tal como ven sucedendo en anos anteriores. Na edición do pasado ano, acadáronse os seguintes premios:
1. PRIMEIRO PREMIO – TROFEO: Asociación con máis participantes que chegasen á meta
2. SEGUNDO PREMIO – TROFEO: Asociación con mellor tempo de chegada á meta
Máis información sobre a Carreira da Muller na súa páxina web: http://www.carreradelamujer.com/