O venres remata o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais
21-09-2017
O departamento de deportes informa de que ainda quedan prazas en ximnasia deportiva, futbol sala feminino, Baile moderno 2, ioga, iudo, karate así como natación terapéutica e natación nivel inicial e perfeccionamento adultos. As persoas interesadas, residentes ou non de Fene, poderán inscribirse até o 20 de setembro no Pavillón A Xunqueira de 08.30 h a 14.00h.
A duración do curso nas escolas deportivas municipais do Concello de Fene será do 2 de outubro ao 30 de xuño de 2018 (escolas da piscina) e do 2 de outubro ao 22 de xuño de 2018 (escolas municipais noutras instalacións).
No pavillón “A Xunqueira” desenvolveranse as escolas deportivas de atletismo, pequedeporte (deportes variados), fútbol sala feminino, iniciación ao baloncesto, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe, zumba, pilates e rehabilitación funcional, así como o obradoiro educación física contra a fatiga oncolóxica.
No pavillón do Ramo (Barallobre) haberá ximnasia artística e trampolín e no Centro Social de Fene, ioga. Tamén se anuncian escolas deportivas de judo e karate no ximnasio da Casa da Cultura e de pilates de ioga na piscina de Centieiras.
Durante o curso só se admitirán novas matriculacións sempre que existan prazas libres ou se produzan baixas na escola en cuestión e as altas non interfiran o normal funcionamento do grupo de traballo.