Axudas para o Bonobús Universitario Curso 2017/2018

Axudas para o Bonobús Universitario Curso 2017/2018

A finalidade desta subvención é favorecer os desprazamentos do alumnado que curse estudos universitarios no Campus de A Coruña e necesite usar o autobús para os desprazamentos de Fene-A Coruña, A Coruña-Fene.

Requisitos

a) Estar empadroado/a e ter residencia efectiva no Concello de Fene como mínimo dende o 1 de xuño de 2017.

b) Cursar estudos universitarios para os que sexa necesario desprazarse até A Coruña.

c) Non superar os máximos de base liquidable xeral sometida a gravame por unidade familiar determinados na base sétima das presentes bases.

d) Presentar toda a documentación requirida nestas bases.

e) Non ter pendente de xustificación por parte do solicitante ningunha subvención concedida polo Concello de Fene, sempre que tivese finalizado o prazo de xustificación.

As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas ante o Concello de Fene: Cumprir a actividade obxecto da subvención

Someterse ás actividades de control realizadas por parte do Concello para comprobar a veracidade dos actos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda e colaborar co Concello en ditas actuacións.

Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Comunicar ante o Concello calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda.

As restantes previstas na normativa reguladora de subvencións.

SOLICITUDE

Presentación: Formalizarase no modelo de solicitude establecido a tal fin e presentarase no Rexistro Xeral do Concello ou por algunha outra forma establecida no artigo art. 16 de la Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As solicitudes de subvención terán que acompañarse da seguinte documentación: a) Fotocopia do DNI da persoa solicitante.

b) Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

c) Fotocopia da declaración da renda correspondente ao último exercicio (ano 2016) dos/as pais/nais ou titores/as legais. No caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda.

Excepcionalmente, se a unidade familiar alega carecer de recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación familiar ou no caso de percibir pensións non contributivas deberá acreditala mediante informe social. Nos casos de separación ou divorcio estarase ao previsto na base sexta para a determinación dos membros da unidade familiar. Os/as fillos/as entre 18 e 25 anos inclusive, que perciban rendas e non figuren na declaración da renda dos/as pais/nais aínda que residan con eles, deberán acreditar os seus rendementos e computarán como ingresos da unidade familiar.

d) No caso de presentar solicitudes para varios irmáns/ás menores de idade, só é necesario presentar un exemplar do libro de familia e da declaración do IRPF dos proxenitores.

e) Certificado da matrícula expedido pola Universidade ou documento análogo que acredite a matriculación.

f) Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións e autorización ao Concello de FENE para que realice as comprobacións oportunas durante o todo o período que dure o proceso.

g) Volante de empadroamento no Concello de Fene de todos os membros da unidade familiar.

h) Certificado que acredite o grao de minusvalía e/ou incapacidade nun grao igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, se procede.

i) Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante o ano 2016 dalgún membro da unidade familiar, se procede.

j) Certificación bancaria, a nome da persoa que solicita o bono-bus, que acredite a titularidade da conta na que se efectuarán os ingresos correspondentes á axuda.

k) Declaración responsable de percibir/non percibir axuda algunha para a mesma finalidade. No caso de percibir axuda deberá indicarse o seu importe. Naquelas solicitudes nas que se observe a falla de documentación fundamental para a súa valoración, procederase a requirir por escrito á persoa que formulou a solicitude para que no prazo de 10 días dende a recepción da comunicación, achegue a documentación requirida, indicándoselle que, de non entregala, se terá por desistida a súa solicitude, previa resolución (segundo Art. 68, da Lei 39/2015)

Prazos de presentación

O prazo para entregar as solicitudes para o servizo de transporte e para a axuda económica será de 10 días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes hanse entregar no Rexistro Xeral do Concello en días laborables (de luns a venres) en horario de 8.30 a 14.00 horas ou por algunha outra forma establecida no artigo art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Este prazo é improrrogable e tramitaranse con independencia de estar admitido/a ou non nunha facultade. Os/as alumnos/as aos/ás que no momento de presentar a solicitude lles falte a copia da matrícula, segundo especifica o apartado e) teñen de prazo ata o 30 de decembro para entregala (deberán presentar no momento da inscrición un documento análogo que acredite a dita matriculación). Na medida en que o prazo máximo para presentar a documentación remata o 30 de decembro, a axuda económica terá carácter provisorio para aqueles alumnos/as aos que lle falte algún documento.

Descargas
Ligazóns