A biblioteca municipal pechará ao público o vindeiro luns 9 de outubro

A biblioteca municipal pechará ao público o vindeiro luns 9 de outubro

O vindeiro martes, 10 de outubro, a biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé comeza a empregar o programa KOHA, un novo sistema integrado de xestión bibliotecaria que se está a implantar en toda a Rede de Bibliotecas de Galicia. Por este motivo, durante a xornada do luns 9 de outubro, a biblioteca de Fene permanecerá pechada ao público para levar adiante tarefas de traballo interno e de volcado de datos.


Segundo informan dende o Departamento de Cultura do Concello de Fene, malia o peche da biblioteca, o vindeiro luns a aula de estudio abrirá no seu horario habitual (de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas) para que as persoas que o desexen poidan estudar ou consultar a prensa. As devolucións de libros ou materiais da biblioteca poderán facerse ese día no buzón de devolucións situado na entrada da Casa da Cultura aínda que os empréstitos que teñen como data límite o 9 de outubro prolongaranse até o día 10 automaticamente.


Unha vez implantado o programa KOHA, o novo sistema de xestión bibliotecaria permitirá “mellorar o servizo para os usuarios e as usuarias de cada biblioteca e da Rede en xeral ao crearse un catálogo único, accesible a través da web https://rbgalicia.xunta.gal”. Ademais, os usuarios terán un carné único de bibliotecas que dará acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas na Rede.

 

Descargas