A veciñanza da comarca pode apuntarse dende o xoves 5 de outubro ás escolas culturais

A veciñanza da comarca pode apuntarse dende o xoves 5 de outubro ás escolas culturais

Aula de música na Casa da Cultura de Fene

Continúan as inscricións para as escolas culturais municipais do Concello de Fene. Un vez transcorrido o prazo de matriculación reservado exclusivamente para os/as veciños/as de Fene, dende mañá este se amplía á totalidade da poboación. As persoas que desexen anotarse a calquera das actividades que oferta a Concellería de Cultura para o novo curso 2017/18 poderán facelo nas dependencias administrativas do pavillón A Xunqueira de San Valentín o xoves 5 e o venres 6 de outubro. O horario de atención ao público será de mañá, de 8.30 a 14.00 horas, e o xoves 5 de outubro tamén de tarde, de 16.30 a 19.00 horas.

O curso nas escolas culturais, cursiños TIC e obradoiros municipais do Concello de Fene comezará este ano a partir do luns 16 de outubro. Entre as actividades que se ofertan salientan as escolas de música (solfexo-piano e guitarra); de idiomas como “Xogamos co inglés” e “Falamos en inglés”; talleres como o de risoterapia “Licenza para rir”, o de “Fotografía. Nivel iniciación” ou o de “Cociña para vag@s”; e cursiños TIC como o de “Introducción á ofimática. Nivel básico”.

Para máis información, cómpre chamar ao teléfono do Departamento de Cultura do Concello de Fene (981 340 366) ou consultar a normativa xeral de matriculación aquí.

Descargas