Percubebé na Biblioteca Municipal de Fene
16-10-2017
Para apuntarse a “Percubebé” cómpre achegarse pola Biblioteca Municipal de Fene en horario de 16 a 21 horas ou chamar nese mesmo horario ao teléfono 981 342 302
O ritmo que todos/as levamos dentro é necesario para o desenvolvemento da capacidade neuronal, da psicomotricidade e da coordinación. Ademais, é preciso en moitas outras facetas que nos imos atopar ao longo das nosas vidas, sobre todo nas artísticas, musicais e escénicas. Partindo desta premisa, a biblioteca municipal de Fene anuncia para este martes, 17 de outubro, o obradoiro-espectáculo “Percubebé”, dirixido a nenos/as de 0 a 4 anos. Desenvolverase de 18.30 a 19.15 horas, con entrada de balde (previa inscrición na biblioteca).
“Percubebé” é unha actividade na que “os miúdos aprenden, gozan e descubren o mundo das percusións e da arpa”. Segundo os seus artífices, Marcelo Dobode e Bea Martínez, este obradoiro “axuda a liberar tensións, alimenta a concentración e desenvolve a capacidade auditiva e creativa, o sentido do tempo e os reflexos dos/as pequenos/as, ademais de adentralos/as na nosa cultura musical”.
Para apuntarse a “Percubebé” cómpre achegarse pola Biblioteca Municipal de Fene en horario de 16 a 21 horas ou chamar nese mesmo horario ao teléfono 981 342 302
Actividade organizada pola Concellería de Cultura de Fene no marco do programa Rede Cultural 2017 (Deputación da Coruña).