Axudas para a festividade de Reis 2017

Axudas para a festividade de Reis 2017

Convócanse un total de 50 subvencións para 50 menores por importe individual de 70 euros para cada beneficiario ou beneficiaria.

A contía das axudas que recibirá cada familia solicitante estará en función do número de fillos e fillas en convivencia, que cumpran o requisito da idade e que se poidan beneficiar do programa.

Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade de Reis, a saber: xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios (mochilas, mochilas deportivas, etc.) que correspondan coa idade do ou da menor a quen vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos no período comprendido entre o día de apertura da presente convocatoria e o día 6 de xaneiro de 2018.

Con carácter xeral poderase xustificar a subvención con gasto relativo á adquisición de roupa, calzado ou material deportivo (roupa deportiva, calzado deportivo, botas, etc.) sempre que o importe total do gasto realizado non supere o 75% da axuda concedida.

Non obstante, no caso das persoas que foran beneficiarias de axudas para a adquisición de vestiario básico (roupa e calzado) ó abeiro da Ordenanza municipal reguladora das axudas económicas para a atención de necesidades sociais ou foran beneficiarias de axudas (para adquisición de vestiario básico) doutros organismos públicos no decurso do último trimestre do ano 2017, únicamente poderán destinar a subvención (dentro do límite porcentual antes definido, é dicir o 75%) á adquisición de material deportivo (roupa deportiva, calzado deportivo, botas, etc.).

As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello, no prazo de 10 días naturais, contados a partires do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletin Oficial da Provincia (BOP do 8 de novembro de 2017)
Ligazóns