XXXII Memorial Adolfo Ros. Volta a Ría

XXXII Memorial Adolfo Ros. Volta a Ría

O Concello de Fene, en colaboración cos Concellos de Ferrol, Narón e Neda, organiza a XXXII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”. As proba terán lugar o día 3 de decembro de 2017 a partir das 10:00 horas, emperzando cas probas de menores.
 
PARTICIPANTES: A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo.
A SAÍDA E META: serán no Pavillón polideportivo da Xunqueira – San Valentín.
INSCRICIÓNS: Poderanse realizar inscricións ata o mércores 29 de novembro ás 23:59  horas.
RETIRADA DE DORSAL, CHIP E OBSEQUIO CONMEMORATIVO: Os participantes poderán retirar os dorsais e chips  o sábado, 2 de decembro, de 10:00 a 14:30 h. e de 16:00 a 20:30 h. no Pavillón polideportivo da Xunqueira -  San Valentín (Porta posterior do Pavillón contra o centro de ensino CPI  A Xunqueira). 
O día da proba entregaranse dorsais de 8:00 a 9:00 horas no mesmo lugar que o día anterior  (Porta posterior do Pavillón polideportivo da Xunqueira contra o centro de ensino CPI  A Xunqueira).
AVITUALLAMENTO: Existira avituallamento líquido, aproximadamente nos quilómetros 5, 10, 15 e 20 do percorrido. Na zona de meta establecerase o avituallmento final (líquido e sólido).
 
TROFEOS E PREMIOS
 
A entrega de premios realizarase ás 13:00 horas no Pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín)
 
Os/As tres primeiros clasificados/as de cada categoría tanto masculina como feminina recibirán un trofeo. Os/As tres primeiros/as da absoluta masculina e feminina tamén recibirán trofeo. Agás os nenos e nenas da categoría sub 8 que recibirán un agasallo todos eles.
 
O corredor ou corredora mais veterano/a e o/a máis novo/a en acabar a proba recibirán un trofeo conmemorativo.
 
Ligazóns