Exposición “Historia de Scratch Fene. 13 años de slalom” na Casa da Cultura de Fene
28-11-2017
Os amantes do automobilismo están de noraboa. A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene acolle dende este mércores unha mostra na que a escudería Scratch Fene fai repaso das 13 edicións organizadas do Slalom Scratch Fene así coma dos diferentes eventos e competicións nos que o club ten participado dende a súa creación no ano 2004.
A exposición inaugúrase o mesmo mércores, 29 de novembro, a partir das oito do serán e poderá visitarse até o vindeiro 14 de decembro. Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas. Sábados, de 10 a 13 horas. Domingos e festivos, pechado.
“Historia de Scratch Fene. 13 años de slalom” inclúe fotografías, cartaces e diverso material gráfico desta escudería que “se fundou en Fene no ano 2004 coa firme intención de recuperar o deporte de base automobilístico, o slalom e fomentar o deporte do motor entre os veciños e veciñas do concello”.