O Gran Circo Artístico

O Gran Circo Artístico

Este ano o Festival de Nadal do Club Ximnasia Artística Ferrolterra terá unha temática circense. No devir do espectáculo - que terá unha duración aproximada de dúas horas- o alumnado ofrecerá unha demostración do traballo que realiza a diario durante os adestramentos. Así, haberá exhibicións de chan, barra, paralelas e salto.

A cita é hoxe venres 22 de decembro ás 19.00 horas nas instalacións do pavillón do Ramo (Barallobre). Entrada libre.

Organiza: Club Ximnasia Artística Ferrolterra coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Fene