Oito nenos e nenas de Fene participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña

Oito nenos e nenas de Fene participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña

Nesta edición participarán un total de 500 rapaces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de tres días de duración cada unha.

En Fene participarán 8 rapaces/as na 3ª quenda, do 23/02/2018 ao 26/02/2018

Con esta nova edición da campaña, a institución provincial  pretende que os rapaces e rapazas da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Os interesados/as en participar deberán presentar no seu concello  a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. O prazo de inscrición remata o 16 de xaneiro.

A ficha de inscrición e toda a información correspondente á Campaña de Esquí 2018 poderase descargar aquí.

Máis información :

Departamento Deportes

Avda. de Naturais 44
Entresollado dereita
15500 - Fene
Teléfono: 981 340 366
Fax: 981 492 788
cultura.deportes@fene.gal
Horario de atención ao público:
de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.