Recital de guitarra clásica de Iria Quintía na Casa da Cultura de Fene
10-01-2018
O venres 12 de xaneiro a Casa da Cultura de Fene acollerá o recital de guitarra clásica da man da fenesa Iria Quintía. No recital, que comezará ás 19 horas (entrada libre), a intérprete fenesa realizará un percorrido musical dende o período clásico até o actual. Así, escoitaranse pezas de Fernando Sor, Johann Kaspar Mertz, Manuel Ponce, Dusan Bogdanovic, etc.
Iria Quintía comeza a tocar a guitarra á idade de 9 anos en varios centros de Madrid e finaliza os seus estudos de grao profesional no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol coa profesora Águeda Gutiérrez, acadando o premio de fin de grao. Posteriormente realiza os estudos superiores no CSM de Vigo coa profesora e guitarrista Margarita Escarpa.
Na actualidade está a ampliar os seus estudos en L’Academie Superier de Musique de Strasbourg-HEAR, en Francia, recibindo clases dos compoñentes do Duo Melis, Susana Prieto e Alexis Muzurakis.
Ademais, ten asistido a Clases Maxistrais con prestixiosos guitarristas ao igual que a festivais de guitarra de nivel internacional. Tamén participou en Orquestras de Guitarra, ofrecendo concertos en varios lugares de España.