VI Trofeo de baile deportivo "Concello de Fene"

VI Trofeo de baile deportivo "Concello de Fene"

Domingo 28 de xaneiro dende as 11.00 h no Pavillón A Xunqueira

O  Trofeo  de baile deportivo “Concello de Fene” está catalogado como proba válida para o Ranking Nacional e Autonómico. Segundo informan dende a organización, as parellas participantes competirán nas modalidades de baile Standard (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox e quickstep),  Latino (samba, cha cha cha, rumba, pasodobre e jive) e  Danza Coreográfica.

O torneo está organizado pola Asociación Xuvenil “Fene Movemento” coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Fene.

As entradas poderán adquirirse o mesmo día do torneo na taquilla do pavillón e terán un custe de 6 euros, sendo gratis para os nenos e nenas menores de 10 anos.

Descargas