Tardes activas
20-02-2018
As Tardes Activas están estruturadas en catro obradoiros distintos; Activación memoria, Recordando o noso, Escola de avós e avoas, Recuperando a memoria; pero moi relacionados entre si aos que as persoas interesadas poderán acudir indistintamente, incluso aínda que non pertenzan á parroquia onde se impartan.
Ofértanse entre 10 e 15 prazas por grupo, agás para o obradoiro de recuperación de memoria, que só dispón de 12. Estas prazas cubriranse por orde de inscrición, que deberá formalizarse no Centro Municipal de Servizos Sociais en San Valentín -Avda. do Mar B1, baixo- ou cubrindo as follas dispoñibles en cada local social onde se celebran as actividades. Hai máis información nos teléfonos 981 492 706 e 981 342 607, ou ben no correo servizos.sociais@fene.gal
Máis información aquí