Actos conmemorativos 8 Marzo, "Día Internacional da Muller"
04-03-2018
O ESCAPARATE “Eternamente expostas tras un vidro”
O Pleno Municipal celebrado o día 1 de marzo de 2018, aprobouse por maioría o Manifesto Institucional do “Día Internacional da Muller”, no que, entre outras cousas, recolle que o Concello de Fene apoia a convocatoria desta folga de mulleres prevista para o 8 de marzo de 2018 no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias.
Do mesmo xeito, o Concello de Fene realiza un chamado a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego e a secundar a manifestación nacional unitaria.
PROGRAMACIÓN DE ACTOS
Mércores 7 de marzo, ás 19:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura. TEATRO: O ESCAPARATE “Eternamente expostas tras un vidro”
Venres, 9 de marzo ás 18:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura. ACTO CENTRAL: RECOÑECEMENTO ÁS LAVANDEIRAS DE FENE. Charla coloquio sobre o labor das nosas lavandeiras, o seu traballo, as súas vidas...
12, 13 e 14 de marzo, “Rapazas de conto”: Sesións de contos pola igualdade nos centros escolares de Fene
Todos os actos están subvencionados pola Secretaría Xeral da Igualdade e programa operativo do Fondo Social Europeo (FSE Galicia 2014-2020)
Máis Información:
Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene
Av. do Mar, bloque 1 – baixo. San Valentín
TF: 981 342607 – 981 342706
servizos.sociais@fene.gal.