Rapazas de conto

Rapazas de conto

Contos pola igualdade, actividade enmarcada nos actos do 8M Día Internacional da Muller

“Rapazas de conto” é un espectáculo de narración oral para nenas/os. O obxectivo prioritario que se pretende conseguir mediante esta actuación é o fomento de valores igualitarios e non discriminatorios por razón de sexo/xénero a través de contos e historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para un aprendizaxe do respecto e a Igualdade, potenciando o análise crítico dos modelos de masculinidade e feminidade existentes e favorecendo a busca de novos referentes. Todo elo co fin de reforzar unha Educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de Xénero, así como a difusión dunha cultura da Igualdade, mentres gozan da musicalidade e a maxia das palabras.

A actividade vai dirixida ao alumnado de 1º a 4 º de Educación Primaria dos centros escolares de Fene.


Actividade impartida por MARISA IRIMIA, narradora oral, ilustradora, actriz, animadora á lectura e historiadora do arte.