Volve o Atletismo Divertido

Volve o Atletismo Divertido

As xornadas levaranse a cabo de 10:00 a 13:00 horas

O Concello de Fene ten previsto organizar as Xornadas de Atletismo divertido  escolar os días 22 e 23 de marzo. As xornadas levaranse a cabo de 10:00 a 13:00 horas.

As actividades e a metodoloxía a empregar permitirán  que o alumnado participe en todo momento nalgunha das estación deportivas que lles permitirán coñecer este deporte, agás no descanso para a merenda.

As datas previstas son as seguintes:
22 de marzo (xoves): CEIP Os Casais – CPI  A Xunqueira - CEIP Centieiras
23 de marzo (venres):–- CEIP  O Ramo. – Colexio Jorge Juan


Lugar de realización:
No caso de bo tempo  estas xornadas realizaranse no campo de fútbol de céspede artificial dos Pinares (Perlío). No caso contrario terán lugar no pavillón polideportivo da Xunqueira.

Desenvolvemento das xornadas:

Esta é unha unha xornada deportiva na que se realizarán diversas probas  nun circuito continuo de xeito que todo o alumnado participe simultáneamente nas diferentes actividades, para que todos os nenos e nenas poidan coñecer de forma práctica as diferentes modalidades do altletismo dun xeito divertido: carreiras, lanzamentos, saltos, ....

Non  se tomarán anotacións das diferentes marcas ou tempos realizados, para que o alumnado perciba estas xornadas dun xeito lúdico e non competitivo.

As actividades  a realizar son :  
Salto lateral
Lanzamento de precisión (de 1º a 3º)
Lanzamento de peso (De 4º a 6º)
Gymkana
Lanzamento de xabelina
Salto de lonxitude
Carreiras de velocidade: 60 mts. (de 1º a 3º)
60 mts vallas (de 4º a 6º)
Relevos: 4 x 80 mts.

O Concello farase cargo do transporte do alumnado e profesorado responsable dende os respectivos  centros de ensino ata o lugar de realización, así como da organización das probas.

O día anterior á realización de cada unha das xornadas, o persoal municipal comunicará aos responsables dos centros de ensino o lugar fixo de realización, dependendo da climatoloxía.