Obradoiro para potenciar a autoestima da mocidade
20-03-2018
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade organiza o obradoiro "Construíndo unha autoestima positiva e unha imaxe corporal diversa en familia", que terá lugar no Centro Municipal de Servizos Sociais este xoves 22 de marzo a partir das 18.00h.
Ofértanse 25 prazas. Se algunha persoa ten interese e participar debe chamar 981 492 706 - 981 342 607 ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal. As vacantes no obradoiro asignaranse por orde de solicitude.
A sesión será impartida por persoal do servizo Quérote+ dentro do programa Redes familiares impulsado pola Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta. O obxectivo principal é crear un espazo no que as familias poidan expresar as súas inquedanzas, dúbidas e preguntas sobre que é iso da autoestima e de que maneira lles afecta aos fillos e fillas, especialmente na adolescencia.