Alumnado da Escola Municipal de Judo acadan podio na fase norte do campionato
09-04-2018
Pero estes non foron os únicos grandes resultados da xornada para os representantes feneses na Fase Norte do Campionato Galego Infantil de Judo. Neste encontro, o judoka do Club Artes Marciais Fene Manuel Pérez Beceiro proclamouse campión na categoría de +66 kg, e Alex Cid obtivo a prata en -50kg. Na clasificación por clubes, Artes Marciais Fene rematou en quinta posición con seis medallas conseguidas pola delegación infantil.
Tamén foron brillantes os resultados acadados polos judokas do Club Artes Marciais Fene na Fase Norte do Galego Cadete. Rita Cid, en -44kg, e Iker Díaz, en -55 kg., alzáronse coa medalla de ouro, e Alba Martínez obtivo o bronce na categoría de -52 kg.
Todos eles participarán na Fase Final do Campionato Galego de Judo que se celebrará en Arteixo o vindeiro 21 de abril.