Asinado un convenio de colaboración co CEIP O Ramo

Asinado un convenio de colaboración co CEIP O Ramo

O 11 de abril asinouse un convenio de colaboración entre o Clube Atletismo Fene e o Colexio Plurilingüe O Ramo, de Barallobre. Trátase  do primeiro convenio que asina o Clube Atletismo Fene con outra entidade. 


No acto estivo representada a xunta directiva do noso clube polo vicepresidente Marcelo Rodríguez e o secretario Samuel Ramírez. Por parte do centro educativo asinou o documento o director Benigno Sánchez.


O convenio inclúe entre outros puntos, o apoio e asesoramento por parte do clube para a realización de millas escolares e outras actividades relacionadas co atletismo no entorno do centro e, por parte do colexio, colaborar co Clube Atletismo Fene axudando a impulsar e promocionar dito deporte desde o espectro educativo, así como o deporte en xeral.

Ligazóns