O Concello promove obradoiros de educación alimentaria nos centros escolares de Fene
02-05-2018
Celebraranse en maio no CPI A Xunqueira, CEIP Os Casais e CEIP Centieiras
Dirixidos ó alumnado de 6º curso de Educación Primaria, os talleres de educación alimentaria desenvolveranse este mércores, 2 de maio, e o día 16 no CPI A Xunqueira; os xoves 10 e 24 de maio no CEIP Centieiras, e os venres 11 e 18 de maio no CEIP Os Casais. A primeira sesión leva por título “Educación alimentaria: lectura de etiquetas”, namentras que a segunda celebrarase baixo a denominación “Alimentación saudable”.
O programa inclúese no proxecto de prevención de condutas aditivas “Saúde na escola”, subvencionado pola Consellería de Sanidade, que Fene leva a cabo en común cos concellos de Mugardos e Neda.