A pintora fenesa Yolanda Vizoso cede ó Concello unha das obras da súa exposición “Las mujeres”

A pintora fenesa Yolanda Vizoso cede ó Concello unha das obras da súa exposición “Las mujeres”

O alcalde, Gumersindo Galego, recibiu a obra de mans da artista

O Concello de Fene vén de incorporar ós seus fondos unha das obras da pintora fenesa Yolanda Vizoso. Foi o alcalde, Gumersindo Galego, o encargado de recepcionar o cadro de mans da artista, que se mostraba feliz de entregar este traballo ó Concello. A obra, que a partir dagora lucirá na casa consistorial, formou
parte da exposición “Las mujeres”, que permaneceu durante o mes de abril na Casa da Cultura.


Unha mostra na que a muller foi o tema central. Unha muller poética, sentimental, na que a autora, nas súas palabras, ensalza máis a beleza estética que a técnica pictórica, xa que como apunta “xa non busco a perfección técnica porque a natureza da muller é fermosamente imperfecta e, na imperfección, nacen cousas diferentes, cousas elevadas”. Unha obra coa que Yolanda Vizoso quixo transmitir “alma e movemento”.