Inscrición bautismos de mergullo
04-05-2018
As persoas interesadas no programa deben presentar a súa solicitude a partir do luns, 7 de maio, no pavillón polideportivo da Xunqueira
Aberto o prazo de inscrición nos bautismos de mergullo para nenos/as, persoas adultas e persoas con diversidade funcional abrirase o vindeiro luns, 7 de maio, no pavillón polideportivo da Xunqueira, en San Valentín (de luns a venres de 9 a 13,30 h e os mércores de 16,30 a 19 h). O programa, que impulsa o Concello, conta coa colaboración do Clube de Actividades Subacuáticas Nautilus.
Bautismos de mergullo adaptado. O prazo para anotarse conclúe o 6 de xuño
Bautismos de mergullo infantil. O prazo de inscrición pecharase o 20 de xuño.
Bautismos de mergullo para persoas adultas. O prazo de inscrición tamén remata o 20 de xuño.