BellónMaceiras ofrece un concerto didáctico este mércores na Casa da Cultura
08-05-2018
A actividade programada polo Concello está dirixida especialmente a nenos e nenas e dará comezo o mercores 9 de maio ás 18 horas con participación gratuita
A actividade programada pola Concellería de Cultura de Fene está pensada especialmente para nenos e nenas e, a través dela, a formación dará a coñecer instrumentos e ritmos autóctonos, ó tempo que tentará involucrar ó público coa súa música, animándoos a coñecer algo máis da súa cultura e aprendendo a gozar dela.
Así, a proposta cultural, que se inclúe no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia, está recomendada para nenos e nenas a partir de Educación Primaria e público familiar.