Unha guía de luxo para os escolares que visiten en Fene a exposición Retrospectiva

Unha guía de luxo para os escolares que visiten en Fene a exposición Retrospectiva

A pintora Beatriz Seijo guiará os venres, con cita previa, as visitas programadas polos centros educativos á súa mostra, na Casa da Cultura ata finais de mes

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura acolle dende o pasado venres e ata finais de mes a mostra “Retrospectiva” da pintora fenesa Beatriz Seijo. Unha retrospectiva dos últimos dez anos de traballo da artista plástica, cunha selección de obras de tres das súas coleccións: “Gotas de Aire”, “Detalle sen Detalle” e “En que pensas?”, e na que tamén se inclúen obras actuais. Unha mostra coa que conmemorar, precisamente, os dez anos transcorridos da última exposición realizada por Beatriz Seijo en Fene. Pode visitarse de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.


Así mesmo, a mostra está aberta á visita dos centros escolares, que teñenreservada unha sorpresa moi especial. Con cita previa e os venres, a artista fenesa será a encargada de guiar ós estudantes pola súa obra. Unha oportunidade única de achegarse á súa arte e, sobre todo, ó proceso creativo da pintora.


Pero, para iso, os centros interesados en tomar parte da iniciativa deden contactar coa Casa da Cultura para concertar as visitas guiadas (981 34 24 00).