Festival de Fin de Curso do alumnado da Escola Municipal de Guitarra este luns na Casa da Cultura de Fene

Festival de Fin de Curso do alumnado da Escola Municipal de Guitarra este luns na Casa da Cultura de Fene

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, convida á veciñanza a asistir ó acto, que dará comezo ás cinco da tarde no salón de actos

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este luns, 28 de maio, o Festival de Fin de Curso do alumnado da Escola Municipal de Guitarra. Será a partir das cinco da tarde, con entrada libre. Nesta liña, a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, convida á veciñanza a acudir á cita e desfrutar dunha tarde coa mellor música.

O programa inclúe obras como o Vals de las Velas (Anónimo escocés); Oh Susana! (S.C. Foster); Day tripper (Lennon-Macartney); Black or White (Michael Jackson); The Pink Panther (Henry Mancini) ou La donna e mobile (Verdi). Un repertorio de altura para unha cita imprescindible.