Éxito de participación na XXV edición da Milla Escolar do Concello de Fene
29-05-2018
O Concello de Fene acolleu o pasado domingo a XXV edición da Milla Escolar, na que se inscribiron 375 nenos e nenas dos centros educativos do municipio. Nesta liña, o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, destacou o éxito de participación nunha cita que, neste 2018, alcanzaba o cuarto de século de vida.
Nun ambiente de auténtica festa, as carreiras fóronse sucedendo ó longo da mañá nas recuperadas pistas de atletismo emprazadas en Barallobre, xunto ó IES de Fene e así quedou a clasificación:
Categoría Infantil (1º e 2º da ESO):
Feminina
1ª Lucía Rodríguez Bustabad –CPI A Xunqueira-
2ª Alba Rodríguez Fernández –CPI A Xunqueira-
3ª Iria Villar Sanmartín –IES de Fene-
Masculina
1º Marcos Cribeiro Budiño –libre-
2º Sergio Rodríguez Bustabad –CPI A Xunqueira-
3º Rubén Rey Feal –libre-
Alevíns (5º e 6º):
Feminina
1ª Alicia Barreiro López –CEIP Centieiras-
2ª Zaira López Primoy -CPR Jorge Juan-
3ª Noa Rañales Allegue –CEIP Os Casais-
Masculina
1º Raúl Lorenzo Fernández –CEIP O Ramo-
2º Daniel Portomeñe Formoso –CEIP O Ramo-
3º Marco Fernández López –CEIP O Ramo-
Benxamíns (3º e 4º):
Feminina
1ª Aitana Bellón Carrascosa -CEIP Centieiras-
2ª Alba Rodríguez Lamas –CPR Jorge Juan-
3ª Sara García López –CEIP Centieiras-
Masculina
1º Diego López Romero –CEIP Centieiras-
2º Xavier Rey Feal –CPI A Xunqueira-
3º Daniel Casdelo Galán –CEIP Os Casais
Prebenxamíns (1º e 2º)
Feminina
1ª Adriana Beceiro López –CEIP Centieiras-
2ª Jennifer Fariña Carballeira –CEIP O Ramo-
3ª Daniela Pérez Vizoso –CEIP Os Casais
Masculina
1º Martín Sanjurjo Llao –CPR Jorge Juan-
2º Samuel Tallón Blanco –CPI A Xunqueira-
3º Javier España Mosquera –CEIP Centieiras-
Así mesmo, aínda que tomaron parte, nas categorías prebiberón 1, prebiberón 2 e biberón non se realizou a medición dos primeiros clasificados xa que os pequenos deportistas non saíron xuntos senón en quendas de 10 para evitar aglomeracións e caídas.
Iso si, houbo entrega de medallas para todos os participantes e trofeos ós atletas nomeados.