A Casa da Cultura de Fene acolle a exposición fotográfica colectiva “Tempo”
06-06-2018
A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-O Museo do Humor acolle ata o vindeiro 15 de xuño a mostra fotográfica colectiva “Tempo”. Unha exposición con traballos de Carmen Carballada, María Fernández, María Seage, Malena Carballo, Martina Barcia, Irene Expósito, Suso Piñeiro, Javier Fariñas e José Fonticoba. E un nexo común: o paso do tempo en Ferrol.
Trala súa inauguración o pasado sábado, a mostra pode visitarse de luns a venres de 10 a 13 h e de 16 a 21 h e, os sábados, de 10 a 13 h.
Os/as fotógrafos que participan deste proxecto son un grupo de persoas da comarca de Ferrolterra que se xuntaron a partir dos talleres de fotografía que
impartiu o fotodocumentalista Gabriel Tizón no marco do programa cultural da Área Sanitaria de Ferrol e, na actualidade, estudan e fan fotografía pola súa conta.
Algunhas das exposicións conxuntas que teñen realizado ata o dagora foron: “Optimismo”, empregando como sala de exposicións as paredes das casas derruídas de Ferrol Vello; “Lectura”, que se amosou en bibliotecas e centros educativos da bisbarra e “Ideas visuais” (Cedeira, 2015).