Listado de admitidos/as no verán máis alá 2018
11-06-2018
Entrega de documentación antes das 14.00 h do venres 15 de xuño
As familias dos nenos/as inscritos realizarán o ingreso bancario (do que deberán entregar xustificante no Departamento de Cultura e Deportes antes das 14:00 h do venres 15 de xuño, coa fotocopia da tarxeta sanitaria e un xustificante médico, no suposto que o neno/a precise dun tratamento específico, ademais dunha fotografía tamaño carné co nome do/a neno/a escrito pola parte de atrás).
A cuota a abonar para todo o mes é a seguinte: primeiro membro da unidade familiar, 68,15 euros e, a partir do segundo, 36,70 euros. No caso da quincena, o primeiro membro abonaría 34,08 euros e, a partir do segundo, 18,35 euros. Así mesmo, hai descontos para familias en situación de escasa capacidade económica que, incluso, poden chegar á deducción do 100%.
IMPORTANTE:
Facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.
Os ingresos teñen que ser diferentes e individualizas por cada participante mesmo no caso que sexan irmáns. Os ingresos hai que facelos SEMPRE a nome do participante.
MÁIS INFORMACIÓN
No Departamento de Cultura e Ensino (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita, 15500 Fene) Teléf.: 981 340 366. Correo electrónico: cultura.deportes@fene.gal