O Concello de Fene organiza o Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” para nenas e rapazas maiores de 6 anos
14-06-2018
O edil de Deportes, Xoán Manuel Bastida, avanza a visita de xogadoras da selección galega e da selección española de fútbol sala feminino
O pavillón polideportivo da Xunqueira acollerá o V Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” para nenas e rapazas maiores de 6 anos. Celebrarase do 9 ó 13 de xullo, de luns a venres de 10 a 14 horas. Nesta liña, o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, avanzou que as participantes recibirán a visita de xogadoras da selección galega e da selección española de fútbol sala feminino, que compartirán horas e experiencias coas rapazas do campus.
Así, a inscrición na actividade deberá formalizarse do 18 de xuño ó 5 de xullo, de 8,30 a 14 horas no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). A cota a abonar é de 15,70 euros e, partir do segundo membro da unidade familiar residentes en Fene, esta redúcese a 12,56 euros.
Entre as actividades propostas no campus haberá xogos e actividades multideporte (volei, futenis, bádminton, rugby, balonmán, baloncesto…); exercicios de técnica de fútbol sala; actividades ó aire libre nos arredores do pavillón, campo de fútbol e praias do Concello, ou minipartidos e competicións.
As prazas están limitadas a 24 e requírese dun mínimo de 12 para celebrar a actividade.