Exhibición de Escolas Deportivas Municipais este venres no pavillón da Xunqueira

Exhibición de Escolas Deportivas Municipais este venres no pavillón da Xunqueira

Nenos e rapaces amosarán o aprendido nas diferentes clases de judo, kárate, ximnasia rítmica e artística, atletismo, patinaxe, baile, pequedeporte e baloncesto

O pavillón da Xunqueira, en San Valentín, albergará mañá venres, 15 de xuño, a Exhibición de Escolas Deportivas Municipais. Unha cita que comezará ás 17 horas e na que tomarán parte os nenos e rapaces que, ó longo do curso, asistiron ás actividades deportivas do Concello.


Así, o público asistente poderá seguir as exhibicións do alumnado das clases de
judo, kárate, ximnasia rítmica, ximnasia artística, atletismo, pequedeporte, baloncesto, patinaxe e baile moderno.